Inserir capa
Insire unha capa nova no documento. As capas só están dispoñíbeis no Draw, non no Impress.
Para seleccionar unha capa, prema na súa lapela na parte inferior do espazo de traballo.
Nome
Introduza un nome para a nova capa.
Propiedades
Indique as propiedades da nova capa.
Visíbel
Mostrar ou agochar a capa.
Imprimíbel
Ao imprimir, imprimir ou ignorar esta capa en concreto.
Bloqueada
Evita que se editen os elementos desa capa.