Engadir unha liña de sinatura nos documentos de texto

O Writer do LibreOffice pode inserir unha caixa gráfica dentro dun documento que represente unha liña de sinatura do documento.

Caixa de liña de sinatura

A liña de sinatura mostra unha liña horizontal, unha marca de localización, o nome, título e correo electrónico da persoa asinante.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Liña de sinatura...


Nome

Insire o nome da persoa asinante. O nome móstrase na caixa gráfica da liña de sinatura.

Título

Introduza o nome da persoa asinante. O título móstrase na caixa gráfica da liña de sinatura.

Correo electrónico

Introduza o correo electrónico da persoa asinante. O correo electrónico non se mostra na caixa gráfica da liña de sinatura e emprégase para asinar dixitalmente.

A persoa asinante pode engadir comentarios

Enable signer to insert comments in the Sign Signature Line dialog at time of signature.

Mostrar a data de sinatura na liña de sinatura

Marque esta opción para mostrar a data da sinatura no momento no que se asine dixitalmente.

Instrucións para o signatario

Introduza instrucións para a persoa asinante. As instrucións aparecen na caixa de diálogo Liña de sinatura no momento de asinar.